¿Como formulo as competencias da miña materia?

Pódense utilizar varios formatos para expresar unha competencia. Por exemplo poderíamos utilizar como comodín a expresión “o alumnado debe ser capaz de...” ou “capacidade para...” seguido dun infinitivo ou modo sustantivado que pode expresar algún dos distintos ámbitos de desenvolvemento da competencia:

Servicio de Asesoramiento Educativo

Institución: 
Universidad del País Vasco

¿Podo enviar a guía docente sen ter en conta as alertas que me sinala a aplicación no paso 10?

As alertas son unha axuda visual internas para o profesorado que informan de apartados pendentes de cubrir.

¿Como podo describir a atención personalizada en relación a cada metodoloxía ao igual que fago na avaliación?

A atención personalizada pode describirse de maneira xenérica para o conxunto de metodoloxías ou de maneira independente para cada unha delas. Neste caso poremos no cadro de texto cada metodoloxía seguido da descrición da atención personalizada.
 
 

¿Que valor de estimación se podería utilizar á hora de establecer o factor de traballo do alumnado?

¿Como se estima o tempo de traballo do alumnado nunha materia?

Para estimar a dedicación do alumnado a unha materia farémolo valorando o tempo que dedicará o alumnado ao conxunto de actividades para cada unha das metodoloxía/probas. O total do valor estimado pódese asignar directamente ou ben facer unha estimación empregando un factor de traballo.

¿Como se pode incorporar unha nova metodoloxía se esta non aparece na listaxe do paso 4 “Planificación” para a elaboración da guía docente da materia?

É no paso 4 “Planificación” onde o profesorado ten que seleccionar do despregable as metodoloxías e/ou probas que propoña para a súa materia.
 

¿En que se diferencian as competencias Transversais ou Nucleares das competencias Básicas e Xerais?

Tanto unhas coma outras teñen en común que comparten o carácter de transversalidade. Non obstante, as competencias Transversais ou Nucleares son as competencias propias da institución, polo tanto comúns para todas as titulacións da universidade (defíneas a institución), mentres que as competencias definidas baixo o epígrafe de Básicas e Xerais non teñen por que seren comúns, senón que cada titulación define as súas.

¿Como podo exportar/descargar unha copia da guía docente dunha materia en formato texto?

Pódese xerar un arquivo de texto da guía docente pulsando a icona  que aparece na parte superior central. Esta funcionalidade permite gardar unha copia da guía docente en formato texto e/ou imprimila.
Distribuir contenido