Os niveis de concreción da docencia nas materias
Segundo o modelo definido pola UDC son dous os niveis de concreción no deseño e desenvolvemento da docencia dunha materia: a GuÃa Docente da Materia e a GuÃa de Aprendizaxe. Dado que nos situamos no plano da materia, corresponde ao profesorado a concreción destes dous niveis.
A guÃa docente da materia supón un primeiro nivel de concreción da planificación e recolle tanto os datos descritivos da materia como os aspectos xerais da programación: competencias, contidos, desenvolvemento ECTS, metodoloxÃas, atención personalizada, avaliación, etc. O profesorado deséñaa dende o sistema informatizado das guÃas docentes (GADU) que é unha ferramenta especÃfica integrada no campus virtual da universidade.
O contido que aquà se describe móstrase desde a web institucional, sendo o seu acceso de dominio público. Isto responde a un dos obxectivos definidos polo Proceso de Bolonia para a integración das universidades no Espazo Europeo de Educación Superior: que o alumnado coñeza o contido xeral dos programas docentes antes de que se inicien os procesos de matrÃcula. A guÃa asume, neste sentido, unha formulación proactiva, pois permite ao alumnado anticiparse á situación coa que logo se atopará na materia. Trátase, polo tanto, de favorecer que o alumnado teña elementos de referencia que lle permitan valorar a idoneidade de se se atopa en situación de poder responder ás esixencias que se suscitan en relación a cada materia de acordo ás súas propias competencias.
O conxunto de guÃas docentes das materias dun plan de estudos conformarán a guÃa docente da titulación e son accesibles desde a sección de docencia e estudo da web institucional como desde os espazos web dos propios centros de estudo. Constitúen, como sinalamos, un referente para o profesorado que comparte docencia na titulación, un soporte de orientación a nivel académico para o alumnado que xa se atopa cursando estudos e un observatorio para o alumnado preuniversitario que queira interesarse por coñecer os estudos da nosa universidade.
A guÃa docente da materia ten un carácter estático, unha vez aprobada e publicada na web para o curso académico que se desenvolva non se poderá modificar. Neste sentido cumpre a función de compromiso e contrato que a institución asume co alumnado que participa nos seus programas formativos.
A UDC asume a GuÃa de Harmonización da Docencia Universitaria (GADU) como o sistema a través do que se elaborarán e farán públicas as guÃas docentes das materias. A súa implantación oficial dende o curso 2007/2008 substitúe ao actual proceso de entrega de programas nos departamentos e secretarÃas dos centros. A información publicada ten carácter oficial a tódolos efectos.
A guÃa de aprendizaxe supón un segundo nivel de concreción da planificación da docencia sobre os apartados definidos na planificación xeral. Baséase no desenvolvemento dos contidos a través das actividades de aprendizaxe de acordo aos contidos, metodoloxÃas e planificación que se definiron na guÃa docente da materia, polo que debe darse unha coherencia entre os dous niveis de planificación. O deseño da guÃa de aprendizaxe realÃzase desde a plataforma de teleformación da universidade, integrada no campus virtual coa aplicación de guÃas docentes (GADU). Polo tanto, este é un espazo restrinxido ao que só teñen acceso o alumnado matriculado na materia e o profesorado implicado no súa docencia. Como espazo de traballo concÃbese como un contorno dinámico no que se produce a interacción entre o alumnado e destes co profesorado.
Desde o espazo da guÃa de aprendizaxe o alumnado pode coñecer en relación a cada unidade de programa: os contidos, actividades, recursos didácticos, o sistema de avaliación especÃfica sobre cada actividade, recibir unha atención personalizada, asà como coñecer o seu progreso; todo iso enmarcado nun plan de traballo distribuÃdo no tempo de forma secuenciada tanto no que afecta ao traballo presencial como ao traballo persoal que se realice en escenarios que non requiren a presenza do profesor e aqueles que se desenvolverán a través da plataforma de teleformación do campus virtual no que se integra a guÃa de aprendizaxe que orienta o seguimento de todo o proceso.