A GuÃa Docente do Centro
A GuÃa Docente de Centro recollerá toda a información de interese para o alumnado e o profesorado sobre o seu funcionamento, organización, estrutura, actividades, infraestrutura, calendario, titulacións e as guÃas docentes das materias de cada unha das titulacións, asà como toda aquela información que o centro considere de interese para o mellor desenvolvemento dos servizos que dirixe ás persoas vinculadas coa actividade do centro.
As tarefas para elaborar os apartados que corresponden á GuÃa Docente de Centro están coordinadas pola Dirección do Centro a través do profesorado que esta asigne. Desenvólvense a través do espazo para o que se contemplan este perfil de traballo no sistema informatizado da GuÃa de Harmonización da Docencia Universitaria (GADU). Concretamente, estas tarefas están orientadas a:
1. Elaboración e actualización da guÃa docente do centro, onde se informa dos aspectos institucionais do centro: funcionamento, organización, estrutura, actividades, infraestrutura, calendario, titulacións e as guÃas docentes das materias (elaboradas polo profesorado da materia) de cada unha das titulacións, etc.
2. Xestión da listaxe de titulacións do centro.
3. Publicación da oferta académica do centro.
Para o desenvolvemento deste perfil, ademais do profesor responsable de centro, será de gran importancia vincular ao persoal de administración e servizos do centro á ferramenta de planificación docente. Isto dará un valor engadido importante ao proceso. Poden axudar a configurar unha visión práctica e técnica basicamente ao proceso de visibilidade da oferta formativa.
Neste sentido, consideramos de interese que os usuarios deste perfil se vinculen ao proceso formativo non só como destinatarios da formación práctica que se realizará a través dun obradoiro especÃfico, se non como formador, en canto que pode servir de apoio a outros compañeiros que desenvolven esas mesmas funcións. Deste modo, a comunicación con este perfil é esencial para definir as pautas da formación e canalizar o asesoramento dunha forma efectiva.