Perfiles e funcións
Cadro sintético de figuras e funcións
As funcións xerais asumidas en relación a cada unha das figuras que interveñen nos procesos de deseño e visualización da planificación docente a nivel de centros, titulacións e materias en GADU son:
A Dirección do Centro, para a que se contempla un perfil especÃfico no sistema informatizado da GuÃa de Harmonización da Docencia Universitaria (GADU), é a responsable de xestionar a elaboración da GuÃa Docente do Centro e da publicación da oferta académica.
A GuÃa Docente de Centro recollerá toda a información de interese para o alumnado e o profesorado sobre o seu funcionamento, organización, estrutura, actividades, infraestrutura, calendario, titulacións e as guÃas docentes das materias de cada unha das titulacións, asà como toda aquela información que o centro considere de interese para o mellor desenvolvemento dos servizos que dirixe ás persoas vinculadas coa actividade do centro.
Entorno a este perfil o centro poderá asignar a outras persoas entre o seu profesorado, alumnado e persoal de administración e servizos, que darán apoio á elaboración da guÃa docente de centro, a que terán acceso a través do sistema informatizado.
O Profesorado Responsable de Titulación, para o que se contemplan este perfil de traballo no sistema informatizado da GuÃa de Harmonización da Docencia Universitaria (GADU), é o responsable de coordinar e supervisar a elaboración da GuÃa Docente da Titulación.
A GuÃa Docente da Titulación contempla o perfil de competencias da titulación, o plan de estudos coa relación de materias coas súas correspondentes guÃas docentes, o calendario, os itinerarios, os horarios asà coma toda aquela información de interese relacionada coa titulación.
A persoa responsable da titulación é por omisión o decano/a da facultade ou, no seu caso, o director/a da escola. Para os actuais tÃtulos de primeiro e segundo ciclo, asà como para os futuros tÃtulos de grao, a Universidade poderá nomear, a proposta da Xunta de Centro, un Profesor/a Responsable de Titulación (PRT) con labores de coordinación vertical do plano de estudos e de elaboración da guÃa da titulación. Cada centro poderá propor o nomeamento dun responsable por cada titulación oficial existente. Para os Programas Oficiais de Posgrao, actuará como Profesor Responsable de Titulación (PRT) o que figura como coordinador/a de cada máster oficial. O coordinador será quen de solicitar que o Coordinador do Soporte á Docencia (SD) dea acceso individualizado a todos aqueles docentes que non son da Universidade da Coruña.
Os Estudios Propios de Posgrao poderán utilizar o sistema informatizado desenvolvido pola Universidade. Neste caso solicitarán o acceso á aplicación directamente ao Coordinador do Soporte á Docencia quen se ocupará de facilitar o proceso de elaboración e publicación das guÃas das materias e da titulación.
O Departamento é o responsable de actualizar o profesorado de acordo co seu Plan de Ordenación Docente (POD), distribuÃr a docencia das materias entre o profesorado do departamento asignando para cada unha a un profesor/a que actuará como coordinador/a da materia, revisar e validar as guÃas docentes das materias elaboradas polo profesorado do departamento para a súa publicación e utilizar os informes xerados pola aplicación informática sobre o estado da docencia no ámbito do departamento respecto das titulacións nas que desenvolve a actividade docente.
Cando haxa un só profesor/a por materia, este/a será tamén o coordinador/a. Cando na docencia dunha materia participen máis dun profesor/a o departamento, previo acordo entre o profesorado, asignará a un como coordinador da materia.
A persoa que asume a responsabilidade nas funcións que corresponden ao departamento é por omisión o director/a do departamento. Para os actuais tÃtulos de primeiro e segundo ciclo, asà como para os futuros tÃtulos de grao, a Universidade poderá nomear, a proposta do Consello de Departamento, un profesor/a Coordinador/a Departamental de GuÃas (CDG) con labores de coordinación das guÃas docentes correspondentes ao seu departamento. Esencialmente velará pola elaboración en prazo das guÃas que lle correspondan, coordinarase cos Responsables de Titulación cando proceda e contribuirán á resolución dos posibles problemas que poidan xurdir.
O Profesorado, para o que se contemplan este perfil de traballo no sistema informatizado da GuÃa de Harmonización da Docencia Universitaria (GADU), é o responsable de elaborar a GuÃa Docente da Materia e a GuÃa de Aprendizaxe.
Entorno á figura do profesorado contémplase un dobre perfil: a do Profesorado Coordinador e a do Profesorado da Materia.
No plano da elaboración da GuÃa Docente da Materia, segundo á asignación da docencia que realice o departamento, daranse as seguintes situacións:
- Naqueles casos en que a docencia dunha materia estee asignada a un só profesor, este será o coordinador e responsable de elaborar a guÃa docente da materia.
- Se na docencia dunha materia participa máis dun profesor o departamento asignará a un deles como coordinador. O resultado da guÃa docente deberá ser acordado polo conxunto do profesorado da materia previa á súa edición na aplicación informática. Terán acceso para editar a guÃa docente da materia todos os profesores da mesma. Será o coordinador o encargado de enviala unha vez que se elabore, sendo o responsable de decidir en última instancia sobre as discrepancias que se poidan presentar.
No plano da elaboración da GuÃa de Aprendizaxe o profesorado disporá dun espazo no Campus Virtual para xestionar a actividade docente que desenvolva no contexto de cada grupo.