Principios de actuación
Soporte á Docencia desenvolve as súas funcións atendendo aos seguintes principios:
- O desenvolvemento dun servizo desde o compromiso coa institución e toda a comunidade educativa desde unha perspectiva técnica e profesional sen establecer discriminación ou diferenza de ningún tipo de acordo aos procedementos establecidos na normativa propia da universidade.
- A consideración do traballo en equipo como premisa fundamental asegurando a participación en todos os ámbitos e niveis de actuación para a mellora da calidade nos procesos e no desempeño dos servizos aos distintos usuarios.
- A colaboración e apoio a outros servizos cos recursos humanos, técnicos e materiais que son da súa competencia para contribuÃr a un mellor desenvolvemento das súas funcións.
- O fomento da calidade e a excelencia para promover a plena integración no EEES, de cara a favorecer unha docencia de calidade para a formación integral dos estudantes.