Colaboración e servizos
Colaboración con outros organismos, centros, servizos e/ou unidades No contexto da UDC, Soporte á Docencia colaborará en coordinación cos centros, departamentos, servizos, áreas e unidades para dar soporte metodolóxico na realización de accións ou proxectos que teñan unha vinculación directa con cuestións relacionadas coa docencia e que requiran da súa participación. En especial coordinarase no plano metodolóxico con outros servizos de apoio á docencia como:
- A Área de Innovación Tecnolóxica do Servizo de Informática e Comunicacións (SIC).
- A Biblioteca Universitaria.
- A Unidade de Teleformación.
- O Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE).
- A Unidade Técnica de Calidade (UTC).
- A Unidade de Estudos propios e Posgrao (UEP).
- O Servizo de Recursos Audiovisuais.
- O Servizo de Publicacións.
- O Servizo de Relacións Internacionais.
A nivel externo, para o cumprimento da súas funcións, conscientes das avantaxes que supón a cooperación interuniversitaria, como principio básico que promove a construción do EEES, Soporte á Docencia participará a través de convenios e proxectos que a UDC realice en colaboración con outras universidades e organismos a través dos seus respectivos servizos implicados no apoio aos procesos de innovación metodolóxica á docencia.