Calendario de elaboración das guías docentes

É requisito para a elaboración da guía docente da materia que as competencias da titulación se introduzan previamente na aplicación. Os perfiles de competencias que elaboraron as titulacións, segundo o modelo proposto pola Vicerreitoría de Calidade, introducíronse na aplicación tanto en galego como en castelán.
 
O presente calendario recolle o cronograma que se desenvolverá en cada curso académico no deseño das guías que se aplicarán para o curso académico seguinte. Este cronograma será de aplicación unha vez normalizado o proceso de implantación para a elaboración das guías docentes.
 
Neste calendario cada mes está dividido en dúas partes (columnas), de tal modo que cada unha representa unha quincena.

 
 ampliar imaxe