Guía de metodoloxías
A guía de metodoloxías foi elaborada por Soporte á Docencia no marco do proxecto GADU. Achegamos aquí unha versión abreviada do que constitúe un proxecto específico de traballo máis amplo. Baixo o epígrafe de metodoloxías, recóllense un amplo abano de metodoloxías, técnicas e probas de avaliación. Avanzamos aquí unha descrición abreviada de xeito que facilite compartir entre a comunidade docente da UDC un significado arredor de cada unha delas. A súa elaboración abrangue dúas fases fundamentais:
- Análise documental: a través dunha ampla revisión bibliográfica sobre a temática.
- Traballo de campo: a través das achegas realizadas polo profesorado nos obradoiros de guías docentes que se levaron a cabo para tódalas titulacións da UDC.
Pretende pois, ser unha ferramenta de traballo que permita ao profesorado a través da guía docente da materia describir en que se baseará o conxunto de actividade que o alumnado realizará ao longo dunha materia nas distintas experiencias de traballo nas que participará.
Listaxe de metodoloxías
- - Actividades iniciais
- - Análise de fontes documentais
- - Debate virtual
- - Aprendizaxe colaborativa
- - Discusión dirixida
- - Estudo de casos
- - Eventos científicos e/ou divulgativos
- - Foro virtual
- - Glosario
- - Investigación ( Proxecto de investigación )
- - Lecturas
- - Mapa conceptual
- - Mesa redonda
- - Obradoiro
- - Portafolios do alumno
- - Práctica de actividade física
- - Prácticas a través de TIC
- - Prácticas clínicas
- - Prácticas de laboratorio
- - Presentación oral
- - Proba de asociación
- - Proba de completar
- - Proba de discriminación
- - Proba de ensaio
- - Proba de resposta breve
- - Proba de resposta múltiple
- - Proba obxectiva
- - Proba mixta
- - Proba oral
- - Recensión bibliográfica
- - Resumo
- - Saídas de campo
- - Seminario
- - Sesión maxistral
- - Simulación
- - Solución de problemas
- - Traballos tutelados
- - Xogo de rol ou "role playing"








