Formación
Ficha contido obradoiro Solicitar obradoiro
Presentación
No marco da implantación da guÃa docente informatizada, que contempla distintas iniciativas de apoio segundo os perfiles implicados na súa elaboración, a VicerreitorÃa de Calidade e Novas TecnoloxÃas, a través de Soporte á Docencia en coordinación co CUFIE, contempla a realización do obradoiro “A concreción das ensinanzas de grao a través da guÃa docente e a súa contextualización en Moodle”.
Dito obradoiro é unha acción formativa especÃfica complementaria ao Plano de Apoio ao Ensino (PAE), coordinado polo CUFIE.
Obxectivo
Este obradoiro ten por obxecto dar a coñecer ao profesorado da UDC o modelo da GuÃa de Harmonización da Docencia Universitaria (GADU), proporcionando os recursos técnicos e metodolóxicos vinculados a este sistema informatizado para abordar o proceso de deseño e visualización das guÃas docentes das súas materias en clave EEES.
Solicitantes
Responsables académicos (dirección dos centros, departamentos ou responsables de titulación) a nivel de centros e/ou campus por solicitude.
Destinatarios
Profesorado da Universidade da Coruña.
Inscrición
Cada profesor/a comunicará individualmente a súa solicitude de inscrición a través da persoa do campus, centro, departamento ou titulación que coordina o desenvolvemento do obradoiro en colaboración con Soporte á Docencia, proporcionando os seguintes datos: DNI, apelidos, nome, centro, email e extensión telefónica.
Poderán asistir tantos profesores como prazas das que se dispoña na aula informática na que se realice o obradoiro.
Datas e lugar de realización
Aquelas que se acorden para cada solicitude de obradoiro.
Certificación
A participación de proveito no obradoiro implica a emisión dun certificado expedido pola Universidade da Coruña, asinado pola Vicerreitora de Calidade e Novas TecnoloxÃas.
Para que a participación sexa considerada de proveito terase a obriga de asistir un mÃnimo do 85% do mesmo.