Funcións

Soporte á Docencia asume entre as súas funcións:
  • Difundir o proceso de Bolonia no contexto do ensino superior e especialmente no entorno académico da UDC para a progresiva adaptación e construción do EEES.
  • Prestar apoio metodolóxico e técnico para a innovación constante no ámbito da docencia nas diferentes áreas e materias que conforman o mapa de titulacións e estudos da UDC.
  • Promover o desenvolvemento de recursos e materiais de carácter pedagóxico en distintos formatos e soportes que sirvan de apoio aos procesos de ensino e aprendizaxe nas súas diferentes modalidades.
  • Contribuír á mellora da capacitación docente no plano metodolóxico e técnico en coordinación con aqueles centros, servizos e/ou unidades da UDC desde os que se dirixen os programas e actividades de formación continua ao profesorado.
  • Prestar asesoramento metodolóxico e técnico para promover o desenvolvemento de proxectos de innovación na docencia no contexto do proceso de adaptación e construción do EEES.
  • Favorecer a participación da UDC en experiencias e proxectos no contexto da colaboración interuniversitaria, así como en convocatorias oficiais de organismos públicos orientados á mellora dos servizos de carácter tecnolóxico e metodolóxico dentro do proceso de adaptación e construción do EEES.
  • Promover e apoiar a avaliación das accións e procesos que desenvolva a comisión en colaboración cos usuarios tanto internos como externos para a mellora e adaptación ás necesidades de cada momento.
  • Dar soporte metodolóxico ás accións relacionadas co ámbito da teleformación nos procesos de virtualización da docencia para a aprendizaxe no marco do EEES.
  • Desenvolver estudos e informes sobre o tratamento das metodoloxías docentes nas distintas ensinanzas universitarias.
  • Crear e coordinar unha publicación electrónica especializada sobre docencia universitaria para a difusión de experiencias de innovación metodolóxica e boas prácticas docentes.
  • Dar soporte metodolóxico á implementación do novo campus virtual co desenvolvemento integrado de novos módulos de apoio á docencia: a guía de aprendizaxe, a monitorización da dedicación do alumnado, o tutorial metodolóxico, a avaliación da aprendizaxe, a acción tutorial, o xestor de boas prácticas, o sistema de soporte metodolóxico online, etc.
  • Promover a utilización de contornos de traballo colaborativo como plataformas de soporte á comunicación e intercambio para o desenvolvemento de proxectos de innovación metodolóxica educativa na docencia universitaria.
  • Impulsar a implantación dun proceso de titoría académica baseado nun modelo orientado á aprendizaxe e integrado no campus virtual.
  • Ademais destas funcións, Soporte á Docencia poderá incorporar outras novas que se deriven das necesidades do contexto no que desenvolven a súa actividade e dentro do ámbito do soporte á docencia.