Accións
Na actualidade, desde a VicerreitorÃa de Calidade e Novas TecnoloxÃas, lévanse a cabo as seguintes accións que se poden enmarcar no ámbito de actuación do Soporte á Docencia:
- Difusión do proceso de Bolonia a través da web institucional con información relevante e actualizada sobre o espazo europeo de educación superior no marco europeo, o sistema universitario estatal e o da nosa comunidade autónoma.
- Deseño e asesoramento ao proceso de redefinición dos actuais tÃtulos en termos de competencias académico-profesionais como base para a elaboración das guÃas docentes das materias en clave ECTS.
- Definición do modelo institucional da UDC para a planificación da docencia de acordo ao sistema ECTS.
- Desenvolvemento funcional dun soporte tecnolóxico sobre a base do modelo pedagóxico de planificación da docencia para sistematizar a xestión e difusión das guÃas docentes dos centros, das titulacións e das materias.
- Implementación do modelo de planificación da docencia para o deseño e xestión das guÃas de aprendizaxe sobre a base das guÃas docentes das materias.
- Deseño funcional dun soporte tecnolóxico sobre a base do modelo de planificación e xestión das guÃas de aprendizaxe para o desenvolvemento das distintas modalidades de ensino-aprendizaxe.
- Creación dun soporte básico de axudas pedagóxicas que orienten a planificación da docencia de acordo ao modelo no que se estrutura tanto a guÃa docente como a guÃa de aprendizaxe.
- Elaboración dunha guÃa de metodoloxÃas docentes.
- Implantación do modelo sistematizado de xestión e planificación para a elaboración das guÃas docentes dos centros, das titulacións e das materias.
- Coordinación da publicación “La planificación docente en el Espacio Europeo de Educación Superior (EEES)”.
- Apoio ao proceso de Avaliación Docente da UDC.