Calendario guías docentes curso 2015-16

Calendario que se seguirá na elaboración das guías docentes das materias para o curso 2015/2016, en títulos de grao, mestrados e títulos non adaptados ao EEES:

Ampliar imaxe 

Para curso 2015/16 GADU incorpora novas funcións nos seguintes perfís:

(1) O coordinador da titulación:

- Asigna en GADU as competencias do titulo ás materias segundo recolle a Memoria do Título. Esta pode consultarse no Portal de Estudos da UDC (http://estudos.udc.es; dende onde se irá a: título/resultados/asegurando a calidade/Memoria do título).

- Dispón do titorial de axuda “Novas funcionalidades en GADU para o perfil Responsable de Titulación” en www.udc.gal/cufie/GD/materiales.htmlno que se indica o proceso para asignar as competencias a cada materia.

(2) O profesorado da materia:

- No “Paso1: Competencias do título” revisa que as materias teñen asignadas as competencias do título segundo recolle a Memoria do Título. Esta pode consultarse no Portal de Estudos da UDC (http://estudos.udc.es; dende onde se irá a: título/resultados/asegurando a calidade/Memoria do título). Se faltan competencias por asignar ou ten asignadas outras que non corresponden á materia debe comunicalo ao Coordinador do Título para que realice as correccións oportunas.

- No “Paso 2: Resultados de aprendizaxe” revisa a asignación dos resultados de aprendizaxe ás competencias do título. No “Paso 4: Planificación” e no “Paso 7: Avaliación” indica na columna “competencias” a contribución das Metodoloxías e dos Sistemas de Avaliación ás competencias do título.

- Dispón dos recursos de apoio en www.udc.gal/cufie/GD/materiales.html:

      o   Novas funcionalidades en GADU para o perfil Profesor”, no que se indica como reflectir a contribución das metodoloxías e dos sistemas de avaliación ao desenvolvemento das competencias do título asignadas á materia.

      o   Guía para a elaboración das guías docentes de materia na UDC”, a través da que se indican, paso a paso, as orientacións metodolóxicas para o deseño das guías docentes de materia.

 

Nota importante: Para acceder á versión das guías anterior ao curso 15/16 habilitouse unha ligazón remarcada en amarelo na páxina de entrada a GADU (https://guiadocente.udc.es/). Lembramos tamén que na vista pública das guías pódense visualizar e descargar en PDF as guías de tódolos cursos.

A Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías coordina este proceso a través de Soporte á Docencia, de quen recibirán puntualmente a información e apoio necesario dende a súa web http://sd.udc.es, na ext. 5612 e a través do correo electrónico gadu@udc.es.