Obxectivos

Froito do desenvolvemento que a Universidade da Coruña ven levando a cabo en torno ao proceso de construción do EEES, a normativa de elaboración das guías docentes ten como obxectivos:
-         Describir en termos xerais o proceso de traballo que a UDC asume na adaptación das súas titulacións no EEES.
-         Presentar a Guía de Hamonización da Docencia Universitaria (GADU) a través da que a Universidade da Coruña xestionará os procesos de deseño e visualización da planificación docente a nivel de centros, titulacións e materias.
-       Determinar os aspectos organizativos no ámbito da ordenación académica que garantan a efectiva xestión e desenvolvemento dos procesos de deseño e visualización da planificación docente a nivel de centros, titulacións e materias.
-        Describir os procesos formativos/informativos asociados aos distintos perfiles que interveñen no proceso de xestión e ordenación da oferta académica.
-          Vincular os procesos formativos técnicos e metodolóxicos a través dunha ferramenta tecnolóxica pensada para a planificación docente no ámbito da educación superior.
-         Dar a coñecer os mecanismos de implantación a través dos procesos formativos que se definiron na planificación docente no ámbito da educación superior a través da Guía de Hamonización da Docencia Universitaria (GADU).