Responsables de titulación

 
 
Funcións
 
O Profesorado Responsable de Titulación, para o que se contemplan este perfil de traballo no sistema informatizado da Guía de Harmonización da Docencia Universitaria (GADU), é o responsable de coordinar e supervisar a elaboración da Guía Docente da Titulación.
 
A Guía Docente da Titulación contempla o perfil de competencias da titulación, o plan de estudos coa relación de materias coas súas correspondentes guías docentes, o calendario, os itinerarios, os horarios así coma toda aquela información de interese relacionada coa titulación.
 
A persoa responsable da titulación é por omisión o decano/a da facultade ou, noseu caso, o director/a da escola. Cada centro poderá propor o nomeamento dun responsable por cada titulación oficial existente:
 
  • Para os títulos de primeiro e segundo ciclo, así como para os títulos de grao, a Universidade poderá nomear, a proposta da Xunta de Centro, un Profesor/a Responsable de Titulación (PRT) con labores de coordinación vertical do plano de estudos e de elaboración da guía da titulación.  
  • Para os Programas Oficiais de Posgrao actuará como Profesor Responsable de Titulación (PRT) o que figura como coordinador/a de cada máster oficial. O coordinador será quen de solicitar que Soporte á Docencia dea acceso individualizado a todos aqueles docentes que non son da Universidade da Coruña.
 
A persoa responsable da titulación terá como funcións:
  • Velar pola calidade e fiabilidade da información da oferta académica da titulación.
  • Colaborar na elaboración da guía docente do centro.
  • Extraer informes para asegurar a coherencia da oferta académica da titulación.
  • Coordinarse co profesorado Coordinador Departamental de Guías (CDG) para asegurar a elaboración das guías docentes das materias da titulación.
 
Procedemento para o seu nomeamento e activación no sistema de guías docentes.
 
  1. Aprobación en Xunta de Centro da proposta para o nomeamento.
  2. Comunicación da Dirección do centro da proposta de nomeamento á Vicerreitoría de Calidade e Novas Tecnoloxías.
  3. Nomenamento por parte do Reitor.
  4. Comunicación a Soporte á Docencia do nomeamento para xerar a alta da persoa nomeada co perfil de Responsable de Titulación no sistema de guías docentes.