Estructura

Soporte á Docencia é responsabilidade dunha comisión técnica formada pola persoa responsable da Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías, da que ten dependencia funcional e orgánica, o persoal técnico asignado a esta tarefa e conta co asesoramento dunha comisión de soporte metodolóxico. Deste modo, está composto por:
 
-         O/a Vicerreitor/a de Oferta Académica e Innovación Docente, ou polo vicerreitor ou Vicerreitora que asuma estas competencias.
 
-         Un coordinador que asumirá as funcións de dirección e coordinación.
 
-         O persoal técnico. O persoal técnico responderá a un perfil mixto que integre competencias profesionais no ámbito metodolóxico e no da tecnoloxía educativa.
 
-         A comisión de Soporte Metodolóxico á Docencia (CMD): órgano asesor e consultivo para a coordinación das accións que desenvolva a tanto de forma autónoma como aquelas que implican unha realización conxunta con outros servizos ou unidades desta ou doutras universidades ou organismos. Composición:
 
o       O/a vicerreitor/a de Oferta Acaémica e Innovación Docente ou o que asuma estas competencias.
o       O/a coordinador/a de Soporte á Docencia.
o       O/a director/a do Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE).
o       O/a director/a da Unidade Técnica de Calidade (UTC).
o       O/a responsable da Área de Innovación Tecnolóxica do Servizo de Informática e Comunicacións (SIC).
o       O/a director/a da Unidade de Estudos propios e Posgrao (UEP).
o       O/a director/a da Biblioteca Universitaria
o        O/a responsable da Unidade de Teleformación.
o        Un docente por cada ámbito científico.