¿Como se pode incorporar unha nova metodoloxía se esta non aparece na listaxe do paso 4 “Planificación” para a elaboración da guía docente da materia?
É no paso 4 “Planificación” onde o profesorado ten que seleccionar do despregable as metodoloxías e/ou probas que propoña para a súa materia.
O profesorado seleccionará aquelas metodoloxías ás que respondan ao conxunto de actividades que realizará.
No caso de que o conxunto de actividades que realiza non se poida representar a través dalgunha das metodoloxías que aparecen nesta listaxe pode suxerir unha nova comunicándoo a Soporte á Docencia (propoñer metodoloxía). Trátase pois de que este apartado poida adaptarse de maneira que responda a aquilo que o profesorado teña necesidade de reflectir segundo a actividade que ten previsto realizar na súa materia.