¿Como formulo as competencias da miña materia?
Pódense utilizar varios formatos para expresar unha competencia. Por exemplo poderÃamos utilizar como comodÃn a expresión “o alumnado debe ser capaz de...” ou “capacidade para...” seguido dun infinitivo ou modo sustantivado que pode expresar algún dos distintos ámbitos de desenvolvemento da competencia:
Adquisición de coñecementos (saber – saber teórico)
Adquisición de procedementos (saber facer – saber práctico)
Adquisición de actitudes e valores (saber ser e estar – saber social)
Ó tratarse dunha expresión comodÃn, poderÃamos prescindir dela para non repetila de maneira igual en todas as competencias e asà facer a súa formulación a partir do infinitivo.
Exemplos de competencias:
Saber
Saber facer Saber ser e estar |
Coñecer os fundamentos teóricos e didácticos dos medios de comunicación na sociedade da información.
Crear, seleccionar e avaliar materiais multimedia sobre a base das súas posibilidades de integración didáctica e educativa.
Valorar o papel das TecnoloxÃas da Información e da Comunicación como un elemento favorecedor da integración e a inclusión en resposta ás desigualdades sociais.
|