¿Podo enviar a guía docente sen ter en conta as alertas que me sinala a aplicación no paso 10?

As alertas son unha axuda visual internas para o profesorado que informan de apartados pendentes de cubrir. Se ben isto non significa que ditos apartados teñan necesariamente que cubrirse pois pode haber apartados sen cubrir sen que en ningún caso supoña un erro, polo tanto será o profesorado quen determine se é necesario cubrir ou non.
En ningún caso a existencia de alertas restrinxe ao profesorado avanzar noutros apartados da guía ou mesmo confirmala para a súa publicación. Estas alertas soamente se ven na vista de edición do profesorado, nunca na vista pública.