¿Como se estima o tempo de traballo do alumnado nunha materia?
Para estimar a dedicación do alumnado a unha materia farémolo valorando o tempo que dedicará o alumnado ao conxunto de actividades para cada unha das metodoloxÃa/probas. O total do valor estimado pódese asignar directamente ou ben facer unha estimación empregando un factor de traballo.
Este factor de traballo é un valor que expresa o tempo de traballo autónomo por cada hora de traballo presencial co docente.
Para saber o valor do factor de traballo a empregar podemos tomar a opción de aplicar procedementos de monitorización e/ou preguntar directamente ao alumnado mediante enquisas ou táboas de rexistro, para valorar a dedicación real do alumnado nas diferentes actividades.