Calendario guías docentes curso 2014-15

Calendario que se seguirá na elaboración das guías docentes das materias para o curso 2014/2015, en títulos de grao, mestrados e títulos non adaptados ao EEES:

Ampliar imaxe 

(1) O coordinador da titulación debe comprobar que as competencias da titulación que aparecen en GADU corresponden coas que figuran na última memoria de verificación do título. Se observa algún desaxuste debe comunicalo á Soporte á Docencia antes de realizar ningún cambio. As memorias de verificación dos títulos poden consultarse na sección de seguimento e información pública dos títulos da UDC: http://www.udc.es/utc/seg_inf_pub_titulos_UDC/

(2) Como guía de apoio, o  profesorado pode consultar a “Guía para a elaboración das guías docentes de materia na UDC”, a través da que se indican, paso a paso, as orientacións metodolóxicas para o deseño das guías docentes de materia.

[ver documento]

A Vicerreitoría de Títulos, Calidade e Novas Tecnoloxías coordina este proceso a través de Soporte á Docencia, quen da apoio dende a súa web http://sd.udc.es, a ext. 5618 e a través do correo electrónico gadu@udc.es.