Proba oral
Proba na que se busca responder, de forma oral, a preguntas cortas ou de certa amplitude, valorando a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espÃrito crÃtico. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crÃtica, de sÃntese, de comparación, de elaboración e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Proba mixta
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Proba obxectiva
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc.
Proba de resposta múltiple
Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida.
Proba de resposta breve
Proba obxectiva dirixida a provocar o recordo dunha aprendizaxe presentada. Preséntase un enunciado en forma de pregunta para responder cunha frase especÃfica, palabra, cifra ou sÃmbolo.
Proba de ordenación
Proba obxectiva onde se presenta unha serie de elementos ou datos que teñen que ordenarse segundo un criterio dado no enunciado (cronolóxico, lóxico, xeográfico, cuantitativo, cualitativo, etc.).
Proba de ensaio
Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espÃrito crÃtico. UtilÃzase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa.
Proba de discriminación
Proba obxectiva que consiste en optar por unha das dúas opcións ou alternativas que se presentan a unha cuestión determinada. As variantes de alternativa de resposta que se presentan ás cuestións formuladas poden ser “si/non” ou “verdadeiro/falso”.
Proba de completar
Proba obxectiva dirixida a provocar o recordo dunha aprendizaxe presentada. Preséntase un enunciado que ten que completarse nun ou máis puntos cunha frase especÃfica, palabra, cifra ou sÃmbolo.
Proba de asociación
Proba obxectiva que consiste en presentar una serie de elementos en dúas columnas paralelas en que cada palabra, sÃmbolo ou frase dunha columna pode asociarse cos elementos da outra columna. Consiste en establecer as relacións cos elementos dos dous grupos.
- « primera
- ‹ anterior
- …
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- …
- siguiente ›
- última »
