¿Como podo poñer o semáforo en verde para indicar que a guía docente está finalizada?

O semáforo indica o estado no que se atopa a elaboración da guía docente. En tanto non se confirma no paso 10, unha vez finalizada, o semáforo permanece en vermello. Unha vez que se confirma automaticamente pasará a amarelo, isto significa que a guía foi enviada e está en proceso de revisión. Despois de ser confirmada (amarelo) se o/a profesor/a considera que a guía está totalmente finalizada pode poñer o semáforo en verde pinchando sobre este botón, o que indicará que a guía está totalmente rematada.

 

Voltar á listaxe de FAQ's