¿Como podo editar a guía docente dunha materia cando aparece o candado pechado?

O candado pechado indica que a guía docente da titulación está bloqueada, polo tanto non se pode modificar, unicamente se pode consulta a guía da materia.
A titulación bloquéase de acordo co calendario establecido para a elaboración e publicación das guías.
O profesorado Responsable de Titulación é a persoa que xestiona a apertura ou peche da titulación de acordo co calendario establecido. Para poder editar unha guía unha vez que está bloqueada, debemos dirixirnos ao/á profesor/a Responsable de Titulación para solicitarlle a súa apertura e así facer os axustes necesarios, sempre e cando proceda.

 

Voltar á listaxe de FAQ's